RSS
Imprime ContenidoEnviar a un Amigo

NOTA: A información subministrada non se almacenará en ningunha base de datos e por tanto non será utilizada con ningún outro fin máis que ser un servizo engadido á web.

Actividades

Asociación Gallega de Hemofilia ([AGADHEMO]), conta con 4 delegacions provinciais

con sede en Ourense,Vigo,Lugo ,Santiago e Coruña onde esta a súa sede social.

 
As actividades levadas a cabo no ano 2009 foron:

 

 

FEIRA DA SOLIEDARIDADE

Día Mundial da Discapacidade

 

O Concello de Ferrol organizou o pasado 3 de decembro a Feira da Solidariedade, onde 8 entidades do ámbito Ferrolán, presentaron o seu traballo, celebrando o Día Internacional da Discapacidade. Entre elas AGADHEMO, que instalou a súa caseta informativa e participou activamente no desenvolvemento desta Feira, que comenzou cunha Marcha pola Visibilidade ata o Concello. A xornada estivo moi animada, xa que acudiron distintos grupos de Colexios da zona, ademais de multitude de curiosos e persoas interesadas nas actividades na nosa Asociación.
 

 

 

 

Xornada voluntaria no Palexco: Espazo Solidario

Un encontro das organizacións de acción voluntaria

 

Espazo solidario, organizado pola Concellería de Xuventude, Solidariedade e Normalización Lingüística, do concellos de A Coruña segundo indicaron os organizadores, contou coa presenza de «máis de cinco mil persoas, a pesares do mal tempo». Máis de 50 entidades instalaron os seus, entre os que estivo AGADHEMO, intercambiando esperiencias cos demais participantes.

Os asistentes destacaron as distintas actividades formativas do voluntariado que foran programadas. Foi unha das primeiras ocasións nas que os integrantes do tecido solidario coruñés puideron compartir experiencias, ademais de divertirse xuntos, posto que o encontro incluíu diversas actividades lúdicas.  

 

 

 

Festa Infantil

 

O Calvario - Vigo

 

Por fin chegou a festa máis esperada do ano, para os hemofílicos máis pequenos. Organizamos xogos e talleres de creatividade, onde todos tiveron a oportunidade de elaborar as súas propias creacións. Ademais xogamos ao amigo invisible regalando libros de lecturas moi interesantes. Pais e nais, mentres tanto, aproveitaban a oportunidade de intercambiar experiencias e coñecementos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Tocounos a Loteria de Navidad

A segunda vez que toca

  

 Un ano máis AGADHEMO está de noraboa, puoi vuelto volveunos tocar a pedrea. Que ven a sendo vtinte e un euros por cada participación. Polo menos quitamos un sonriso dso beizos. En este 2010 que entra, imos a por  outra oportunidade.

 

 

 

 

 

 

XVI Asemblea autonómica

Ourense 2009

 

 

Asociación Galega de Hemofilia trasladouse ata a cidade de Ourense para celebrar súa XVI Asemblea Autonómica anual.

 

Os actos tiveron lugar nas dependencias do Centro AIXIÑA. Máis de 200 persoas déronse cita na cidade das Burgas para recibir toda a información da Asociación, así como para exercer os seus dereitos como socios e socias. Como é habitual, a asemblea abarcou gran parte da mañá, e alí os socios e as socia s puideron valorar o traballo feito durante todo o ano pasado, contar coa información das actividades proxectadas para este e aprobar as contas e orzamentos anuais. O acto foi clausurado pola Concelleira de Benestar Social do Concello de Ourense, Dª Marga Martín.  

 

 

 

 

 

 

Unha Asociación. Unha Vida. Unha Imaxe

Unha exposición que recolle os mais de 30 anos de historia de AGADHEMO

 

 

AGADHEMO quere facer unha pequena homenaxe a todos aqueles que fixeron posible que a Asociación Galega de Hemofilia sexa o que hoxe en día é. Para elo, tentouse facer unha escolma de todo material gráfico existente, conseguido durante máis de trinta anos de historia. O fondo fotográfico de AGADHEMO, conta con máis de 2000 imaxes, que recollen a traxectoria asociativa, humana e persoal de todo o colectivo hemofílico galego.

 

Imágen AsociaciónImágen asociaciónImágen Asociación

 

 

 

 

 

 

Homenaxe a Alberto Fidalgo

Se quixo recoñecer o seu labor en favor do colectivo hemofílico

 

 

Ao remate da Asemblea Autonómica Ourense 2009, fixose entrega dunha Placa na honra de D. Alberto Fidalgo, Diputado no Congreso pola Provincia de Ourense, e activo defensor dos dereitos individuais e colectivos das persoas con discapacidade e en especial do colectivo Hemofílico Galego.

 

Premio a Alberto FidalgoAlberto Fidalgo

 

 

 

 

 

Arrinca a Hemoescola

obradoiros para pais e nais de nenos con hemofilia

O pasado día 22 de novembro iniciouse nos locais de Santiago de Compostela a Hemoscola, actividade destinada a vós, pais e nais de nenos con hemofilia. Nesta actividade participaron pais e nais provintes de todas a Comunidade Galega, cun propósito claro: coñecer e aprender máis sobre a hemofilia e sobre o seu tratamento. Este obradoiro impartiuse por unha Diplomada en Enfermería, que abordou dunha forma xeral as peculiaridades dá hemofilia nos nenos de curta idade. Tamén se fixo un pequena actividade práctica de autotratamento. A partir do vindeiro outubro, iniciarase obradoiros locais nas distintas localidades galegas co fin de continuar con esta actividade.

 

 HemoescolaHemoescolaHemoescola

 

 

 

 

 

 

Alan García, Presidente da República do Perú, recibe a membros de AGADHEMO

Febreiro 2009,Perú

Presidente de Perú 

O obxectivo desta reunión co presidente andino foi presentar o traballo que desde a Asociación Galega de Hemofilia se está realizando en favor dos pacientes hemofílicos da comunidade galega, unhas pautas que poden servir para fortalecer á asociación análoga peruana.

Segundo declaracións do Ministro de Saúde peruano, Óscar Ugarte, "a hemofilia é unha enfermidade hereditaria e supoñemos que debe afectar a 2.500 persoas no país, pero só nun 20% delas foron detectadas".

 

Presidente de Perú 

Desde Agadhemo transmitíronlle ao presidente peruano a necesidade de facilitarlle un tratamento adecuado a esa porcentaxe de hemofílicos diagnosticados para evitar mortes prematuras de nenos e adolescentes

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Paseo pola Saúde 2009

AGADHEMO presentou unha caseta de información

 

O Concello de Ourense organiza todos os anos unha feira de entidades ligadas á Saúde e á discapacidade, nunha céntrica rúa dá cidade. Este ano AGADHEMO, foi convidado e estivo presente cunha novidosa e chamativa caseta, encomiada pola súa orixinalidade. Nela, voluntarios e técnicos dá asociación deron información e repartiron material divulgativo sobre a hemofilia aos centos de persoas que se deron cita durante as dúas xornadas do chamado "Paseo pola Saúde"

 

Caseta de informaciónCaseta de informaciónCaseta de información

 

 

 

PEP Program

Pais ensinado a Pais

 

O pasado mes de Maio, celebrouse en Madrid o Seminario de Formación para desenvolver ou Programa PEP, destinado aos pais de nenos recén diagnosticados, educadores, enfermeiras... AGADHEMO participou, entendendo que era un perfecto complemento a Hemoescola. O curso impartirono  técnicos dá Universidade de Houston (Texas).

 

 

 

 

 

A Asociación Galega de Hemofilia (AGADHEMO), conta con 4 delegacións provinciais con sede en cada capital de provincia e atende a 193 afectados.

 

 
As actividades levadas a cabo durante o ano 2008 foron:
  • III Albergue para Pais con nenos afectados de Hemofilia en idade temprana. Totana (Murcia).
  • Campaña Fedhemo: No te ralles Filomemo: Sesión informativa sobre os beneficios da profilaxis continuada en pacientes con hemofilia.

 

ActividadesActividadesActividades

  •  Boletin trimestral.

é 


Logo Cooperemos

óFederacin Mundial de Hemofilia

óFederacin Española de Hemofilia


Descargar documento(507,52 Kb)

©2009 Asociación Gallega de Hemofilia Aviso Legal
C/ Hospital Juan Canalejo - Hotel de Pacientes - As Xubias 84
15006 - A Coruña
Teléfono: 981 299 055 - Fax: 981 299 055

Iniweb 2.0  -  Conforme con:  CSS - HTML4.01 - TAW