A Asociación Galega de Hemofilia fundase como tal ó 6 de Xuño de 1988. Ésta xunto coa Asociación Española de Hemofilia, pasaron a formar parte da Federación Española de Hemofilia, constituída o 8 de Outubro de 1988.
Agadhemo é unha entida de declarada de Utilidade Públia segundo Orde do 18 de Outubro de 2010.
Agadhemo é membro activo daCOGAMI (Confederación Galega de persoas con discapacidade), así como da Federación Española de Hemofilia.
Como entidade prestadora de servicios sociais, Agadhemo está rexida polos seus estatutos, que recollen entre outras cousas, os fins para os que foi constuida. E entre estes fins destacan:
-
Impulsar e promover a toma de conciencia por parte da sociedade, sobre a problemática da hemofilia.
-
Promover a afiliación á Asociación, das persoas e familias afectadas por algunha coagulopatía conxénita.
- Contribuír á solución dos problemas relacionados coa asistencia médica, a educación, a orientación, formación profesional e o emprego do colectivo ó que representa.
Para acadar estes obxetivos a Asociación Galega de hemofilia, desembolve unha serie de proxectos e actividades enmarcados nunca estructura funcional que ten como máximo organo de decisión a Asemblea.


Dita Asemblea Xeral elixe a unha xunta directiva para executar os acordos acadados.
O equipo técnico está distribuido en tres grandes áreas: a área de xestión asociativa, a área de proxectos e a área de cooperación. Dúas áreas trasversais, a de comunicación e a de voluntariado completan o organigrama.