26 de Abril 2019

Programa CAPACITHEMOS

AGADHEMO realiza o programa CAPACITHEMOS “Información e atención psicosocial e fisioterapéutica para persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas “coa financiación da Xunta a través de COGAMI_Galicia a cargo da casilla 106 da declaración da renta para fins sociais.proposta cartel_Agadhemo

15 de Marzo 2019

XXXI Asamblea Autonómica de AGADHEMO

O vindeiro domingo 24 de marzo as 11:00h celebraremos  a XXXI Asemblea Autonómica da Asociación Galega de Hemofilia. O lugar de celebración será no Hotel Attica 21.  Rúa Enrique Mariñas Romero Periodista, 34, 15009 A Coruña.

Para os mais cativos teremos servizo de gardería no mesmo hotel. Ao remate da asemblea teremos unha comida ,polo que se alguén ten algunha intolerancia ou alerxia alimentaria agradecemos nolo comunique.

Rogamos nos comuniques a túa asistencia por motivos de organización antes do 20 de marzo a través dos teléfonos 986 281 960, 981 299 055 ou no e-mail: 

proxectos@hemofiliagalicia.com

Cartel v2

04 de Decembro 2018

Hemofesta Nadal 2018

Como todos os anos dende a Asociación Galega de Hemofilia celebramos a Festa Infantil para todos os cativos e cativas da entidade. Esta actividade vai dirixida a aqueles nenos e nenas ata os 12 anos de idade pertencentes a Agadhemo e os seus irmáns e irmás.
A festa realizárase o sábado 15 de decembro de 17:30 a 20:00 no Gran Hotel Los Abetos. Rúa San Lázaro s/n 15820 Santiago de Compostela.
Teremos unha merenda para todos e todas as asistentes, de forma que se algún ten algunha necesidade especial pregamos sexa comentado á hora de formalizar a inscrición.
Esperamos contar con vós e pediríamos, por favor, que confirmedes a vosa asistencia, antes do xoves 12 de decembro.

Para realizar a inscrición, ou para calquera dúbida podédesnos chamar ao teléfono 986 281 960; ou no correo electrónico proxectos@hemofiliagalicia.com

cartel nadal 2018

20 de Novembro 2018

Hemoescola 2018

Esta convocatoria da Hemoescola será unha xornada sobre autotratamento e estará dividida en dous talleres que se realizarán de forma simultánea:
· Taller para pais e nais: Por unha banda, este taller ira dirixido ós pais e nais dos nenos asistentes ao taller anteriormente mencionado e tamén para os pais e nais de nenos menores de 5 anos, e toda persoa adulta con hemofilia que precise afianzar os seus coñecementos sobre a autoinfusión. Este taller estará dirixido por un enfermeiro.
· Taller cativos 5 a 12 anos: Doutra banda, realizarase un taller exclusivo para nenos de 5 a 12 anos de idade, que estarán acompañados polo enfermeiro e por persoal de Agadhemo.
Actividades programadas:
· Unha primeira parte teórica, onde abordaremos aspectos relacionados co autotratamento e o uso eficiente da medicación.
· Unha segunda parte práctica, onde afondaremos nas técnicas de autotratamento e coidado de venas.
DATA Este taller terá lugar o vindeiro día 24 de novembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas.
LUGAR Terá lugar na Hotel Puerta del Camino situada na la R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n cp. 15703 Santiago de Compostela. A Coruña.
INSCRICIÓN Para formalizar a inscrición ao taller e/ou ante calquera dúbida que poida xurdir referente a este, podédesnos chamar ao teléfono 986 281 960, ou no correo electrónico xestion@hemofiliagalicia.com
NOTA INFORMATIVA: Os gastos do xantar corren a cargo da organización nun restaurante próximo.

cartelhemoescola2018