22 de Decembro 2014

HemoFesta

Como tódolos anos Agadhemo celebrou a HemoFesta para tódolos nenos e nenas da entidade. Foi o 20 de decembro no Centro Social “Castiñeiriño” na cidade compostelana, onde os Títeres A Xanela do Maxín (www.axaneladomaxin.com) representaron o espectáculo de títeres “musicontos”: Os Libros do Titiriteiro.

A tarde finalizou cunha merenda para tódolos asistentes e o reparto de regalos para tódolos/as cativos e cativas  que desfrutaron  a tarde do sábado con nós.

HemoFesta Maxín

Deixa unha resposta