09 de Xullo 2019

Albergues Fedhemo

A Asociación Regional Murciana de Hemofilia e a Federación Española de Hemofilia (Fedhemo) organizan na Charca (Totana – Murcia) as XV Jornadas para pacientes con inhibidor y sus familias. Estas xornadas realizaranse nas instalacións de “La Charca” do 3 ao 7 de xullo. Abordaranse inquedanzas médicas e psicosociais dos pacientes con inhibidor e as súas familias, ademais de consolidar este grupo, que mantén a súa unión e ilusión por conquerir melloras na calidade de vida dos afectados, desde o seu primeiro encontro, hai xa 15 anos.

TRÍPTICO-INHIBIDORES_Página_1

A Asociación Regional Murciana de Hemofilia e a Federacion Española de Hemofilia (Fedhemo) organizan na Charca (Totana – Murcia) as XXX Jornadas de Formación en Hemofilia para niños y niñas de 8 a 12 años. Estas xornadas realizaranse nas instalacións de “La Charca” do 15 ao 26 de xullo. Desde Agadhemo acudirán 14 nenos e nenas que poderán disfrutar do sol, piscina, excursións, talleres e campionatos en compaña de amigos; non o penses e acompáñanos á Charca. Durante 12 días aprenderán moito sobre Hemofilia nun entorno divertido e seguro.

TRIPTICO-2019-Albergue-con-precio-2_Página_1

Deixa unha resposta