31 de Xullo 2019

Albergues verán FEDHEMO

Desde Agadhemo comunicámosvos que está aberto o prazo de inscrición para o albergue de xoves Fedhemo desde hoxe até o día 23 de agosto. Hai prazas limitadas polo que vos animamos a inscribirvos o antes posible. Igualmente está programado o albergue de pais con nenos afectados de hemofilia en edade temperá, unha actividade gratuita de FEDHEMO que se celebrará do 31 de agosto ao 3 de setembro no CEULAJ de Mollina (Málaga), pensada para familias de nenos con hemofilia ou outras coagulopatías conxénitas de entre 0 e 7 anos, incluíndo os seus irmáns menores de 7 anos e os seus pais. Alí desenvolveranse actividades formativas para pais, mentras os nenos se divirten cun equipo de monitores e diferentes actividades lúdicas para familiarizarse con conceptos básicos sobre hemofilia. Como sempre, AGADHEMO financia inscricións ás persoas asociadas, para máis información ponte en contacto con nós no 986281960 ou no mail info@hemofiliagalicia.com

Tríptico Jóvenes_Página_1

 

Deixa unha resposta