O pasado 18 de xullo celebrouse en Santiago de Compostela a XXXII Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación Galega de Hemofilia onde se aprobaron as contas anuais, a memoria de actividades do pasado anos así como o plan de actuación para este ano 2020.
Ademáis celebrouse tamén a asemblea Extradordinaria para elección de xunta directiva e modificación de estatutos. Laura Quintás renova así a presidencia cun equipo formado por Susana García Martinez, vicepresidenta da entidade; Mª Isabel Valiela Pérez, que estará á fronte da Secretaría Xeral; Ricardo García Carrión como Vicesecretario; Celso Álvarez Pérez como Tesoureiro; e como vogais, Iria Rico Varela e Brais Carreira Iglesias.
As principais liñas de actuación que expón a directiva, que repite de forma íntegra, son mellorar o acceso ás novas opcións terapéuticas e fomentar a investigación nas coagulopatías máis raras que a día de hoxe non teñen tratamento; impulsar a participación activa da entidade e das persoas con coagulopatías das zonas rurais; conseguir a visibilización das mulleres con coagulopatías e alcanzar unha mellor coordinación entre o ámbito social e o sanitario.