14 de Maio 2021

Asemblea Ordinaria de Persoas Socias

O vindeiro sábado 29 de maio 11:30 (en segunda convocatoria) celebrarase a XXXIII Asemblea Xeral Ordinaria de socios e socias de AGADHEMO.

Como sabedes seguimos baixo restricións por mor do Covid-19, esta asemblea convócanse de forma mixta, e para garantir as medidas de seguridade precisas imos a poñer unha serie de requisitos para salvagardar a saúde de todos e todas nos.

Participación presencial:

  • Convocase en Santiago de Compostela previa inscrición, para así poder saber con antelación o espazo que debemos ter para asegurar ese distanciamento social obrigatorio, e as medidas de seguridade necesarias.
  • Asistirán só persoas asociadas. Lamentablemente non podemos facer un acto de convivencia, o cal o deixaremos para o vindeiro ano.
  • Unha vez inscritas as persoas chamaranse para confirmar.

Participación telemática:

  • Deberan achegar  inscrición previa, para así poder comprobar as persoas socias que estarán inscritas durante a asemblea, e ter tamén un enderezo electrónico para enviar o enlace de forma segura.
  • Asistirán só persoas asociadas.

Para calquera información e para inscricións chamar ao 986 281 960 ou no info@hemofiliagalicia.com

Deixa unha resposta