Aviso legal

Condicións xerais de uso do website

 

1. Este sitio web é propiedade da ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA (NIF: G-15220577), con domicilio social no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, Hotel de Pacientes, As Xubias 84. 15006 A Coruña (email: info@hemofiliagalicia.com, tlf: 981 299 055).

Inscrita no rexistro correspondente da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, como entidade prestadora de Servizos Sociais. Declarada de utilidade pública no DOGA 212 dende o mes de novembro de 2010, Orde 26 de outubro.

2. Dereito de Uso Limitado. Non se permite a copia, reprodución, publicación, modificación, distribución ou traslado a outros sitios Web dos contidos deste portal sen a autorización escrita previa de ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA (NIF: G-15220577).

3. Comunicacións. A excepción dos datos persoais cuxa protección regúlase máis abaixo, as comunicacións que estableza o visitante deste portal a través dos medios proporcionados ó efecto considéranse non confidenciais e non privadas. As informacións proporcionadas polo visitante poderán ser utilizadas para calquera fin que non contraveña a lei. Por outro lado o visitante comprométese a non difundir a través deste portal ningunha información que sexa contraria á lei e a honestidade, particularmente información difamatoria, daniña, perigosa para os menores, obscena, falsa, enganosa ou que atente contra os dereitos de privacidade ou propiedade intelectual de terceiras partes. Se o fixese, o visitante será o único responsable e será perseguido pola lei. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA non poderá ser culpada nin principal nin subsidiariamente en relación con iso.

4. Ligazóns a Outros Sitios Web. Este portal poderá prover ligazóns a outros sitios Web que son propiedade de terceiras partes. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA non controla ditos sitios e polo tanto non se fará responsable de ningún dano que poida sufrir o visitante como consecuencia de entrar en ditos sitios Web a través deste portal, incluídos os derivados a situacións ilegais, ilexítimas ou perseguibles que poidan existir nos mesmos.

5. Marcas Rexistradas. Aínda que non se especifique concretamente en cada caso, as marcas que aparecen neste portal, tanto as propias de ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA coma as de terceiras partes, teñen o carácter de protexidas. Polo tanto, o visitante non poderá facer uso de ningunha delas sen o consentimento previo e escrito do seu propietario.

6. Indemnización. O visitante se compromete a indemnizar, defender e manter a ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA exenta de responsabilidade en calquera reclamación de terceiras partes resultantes de actos do visitante en relación co seu acceso a este portal.

7. Limitación de Responsabilidade. De ningunha maneira ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA, seu persoal ou seus provedores serán responsables de ningún dano directo, indirecto, incidental ou consecuente, incluíndo sen limitación as perdas económicas, aumento de custos, diminución de ingresos ou beneficios, perda ou deterioro de datos resultante do uso deste portal ou súas ligazóns con terceiras partes. Tampouco será ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA responsable dos danos resultantes do uso da información ou dos produtos, materiais, etc. que se anuncian neste portal, por enriba de calquera outro acordo que pretenda obrigar a ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA a responder e garantir o bo resultado do seu uso. Por outro lado, ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA non garante nin asume responsabilidade pola exactitude, veracidade, actualidade dos contidos e información subministrados neste portal. O visitante non ten que supor que a información aquí mostrada está actualizada pois pode non estalo, incluíndo a presenza de información sobre produtos que xa non estean no mercado ou as vantaxes ou características anunciadas venceran ou se anularan.

8. Limitación de Responsabilidade II (Documentación, gráficos e documentación técnica). ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA e/ou seus respectivos provedores non se fan responsables de que a información contida nos documentos e gráficos relacionados publicados neste servidor sexa útil para un propósito concreto. Tódolos mencionados documentos e gráficos relacionados publícanse “como están” sen garantías de ningunha clase. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA e/ou seus respectivos provedores rexeitan toda garantía respecto esta información, incluíndo tódalas garantías e condicións implicadas de comercialización, idoneidade para un propósito particular, titularidade e non- infracción.
En ningún caso ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA e/ou seus respectivos provedores serán responsables por ningún dano especial, indirecto ou consecuencial que derive dunha imposibilidade de uso, perda de datos ou beneficios, que poidan derivarse de unha acción contractual ou extra- contractual en relación co uso ou utilización de información dispoñible neste servidor. OS DOCUMENTOS E OS GRÁFICOS RELACIONADOS QUE SE PUBLICAN NESTE SERVIDOR PODERÍAN INCLUIR IMPRECISIÓNS TÉCNICAS OU ERROS TIPOGRÁFICOS. A INFORMACIÓN ESTÁ SOMETIDA A CAMBIOS PERIÓDICOS. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA e/ou seus respectivos provedores poden facer en calquera momento melloras e/ou cambios no/s produto/s ou programas/s aquí descritos.

9. Protección de Datos. Ós efectos do previsto na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSI-CE), ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA informa ó Usuario da existencia dun ficheiro automatizado de datos de carácter persoal creado por e para dita empresa e baixo a súa responsabilidade, no que se manterán mentres se consideren útiles para a exclusiva finalidade de xestionar os datos coa fin proposta no sitio. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA tomará tódalas medidas que estime oportunas para evitar que os datos persoais do visitante vaian a
parar a outras mans alleas á relación comercial que se mantén entre ambos.
Por outro lado, a información persoal pode ser moi útil para que ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA ofreza ós seus socios ó mellor servizo posible, ceder os datos persoais, de forma confidencial, a terceiras persoas coa finalidade de entregar produtos e xestionar o soporte técnico das bases de datos. Por iso, salvo que se reciba notificación escrita en contra, por carta (dirixida á seguinte dirección: Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña, Hotel de Pacientes, As Xubias 84. 15006 A Coruña, cos seguintes datos e firmada: nome e apelidos do Usuario, domicilio a efectos de notificacións, fotocopia do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte, e petición na que se concreta a solicitude. No caso de representación, deberá probarse a mesma mediante documento fidedigna. ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA non venderá nin alugará dita información a terceiras partes. Desta maneira ASOCIACIÓN GALLEGA DE HEMOFILIA informa ó Usuario sobre a posibilidade que lle asiste de exercer os dereitos de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos datos persoais.

10. Tribunais. Calquera litixio que se desprenda das cláusulas mencionadas neste documento será sometido ós tribunais de A Coruña, España, con renuncia expresa das partes a outras xurisdicións.

Lei de Cookies

As cookies son arquiivos que se poden descargar no seu dispositivo a través das páxinas web. Son ferramentas que teñen un papel esencial para a prestación de numerosos servizos da sociedade da información. Entre outros, permiten a unha páxina web almacenar e recuperar información sobre os hábitos de navegación dun usuario ou do seu equipo e, dependendo da información obtida, pódense utilizar para recoñecer ó usuario e mellorar o servizo ofrecido.

Se o desexa pode restrinxir, bloquear ou borrar as cookies da nosa ou calquera outra páxina web, utilizadas no seu dispositivo. En cada navegador a operativa é diferente, pero a función de ‘Axuda” amosaralle como facelo.