18 de Agosto 2016

Campamento para nenos/as de 8 a 12 anos

Celebrouse do 10 ao 21 de xullo en Totana (Murcia) o campamento anual no albergue La Charca, dirixido a nenos/as con hemofilia e outras coagulopatías así como a nenas portadoras. Dispuxeron de toda a atención necesaria por parte de hematólogas, enfermeras, fisioterapeutas, psicólogas e educadores, entre outros. Foron unhas xornadas moi productivas, onde aproveitaron para coñecérense mellor e vivir grandes momentos que non poderán esquecer, pois compartir é aprender, e qué mellor xeito de coñecer a túa condición que facendo uso da diversión rodeados de grandes amigos. Á edición do ano 2016 acudiron un total de seis chicos e dúas chicas.

foto-campamentos12

Deixa unha resposta