18 de Agosto 2016

Campamentos para mozos e mozas de 13 a 17 anos

Celebráronse entre o 26 de xuño e o 1 de xullo, dirixidas a mozos e mozas con hemofilia e/ou outras coagulopatías conxénitas, as  Xornadas de Formación en Hemofilia e Lecer Náutico, organizadas por Fedhemo, Cogami e Agadhemo. Ditas xornadas consistiron na realización de numerosas e amenas actividades nas que as persoas participantes aprenderon o funcionamento e o manexo básico de veleiros, ademais de facer “veladas nocturnas”. Tamén realizaron xogos didácticos sobre a hemofilia e os diferentes aspectos onde esta enfermidade afecta, tales como: familia, amizade e parellas, fomentar a autoestima e o autoconcepto. No ano 2016 foi a terceira edición e asistiron quince mozos e mozas de toda España.

foto-campamentos1316

Deixa unha resposta