06 de Setembro 2019

Debates co Experto “saúde articular, dor crónica e calidade de vida”

O venres 27 de setembro de 17:00 a 19:00 horas imos celebrar no Hotel Oca Puerta del Camino o encontro denominado “Debates co Experto”, para que os pacientes con hemofilia e/ou outras coagulopatías conxénitas e o seu entorno próximo podades recibir resposta a calquera dúbida que teñades en relación á “saúde articular, dor crónica e calidade de vida”.

As preguntas serán respondidas polo Dr. Rubén Cuesta-Barriuso, doutor en fisioterapia experto en pacientes con hemofilia. Para axilizar o debate e aproveitar o tempo ao máximo co experto pregámosvos que, por favor, nos adiantedes as vosas preguntas respondendo ao e-mail (xestion@hemofiliagalicia.com) o antes posible.

DEBATES CON EL EXPERTO. Hemofilia Today. Agadhemo - Sobi - Programa 27 septiembre 2019 (VF)_Página_2

Deixa unha resposta