11 de Abril 2022

Día Mundial da Hemofilia

O 17 de abril conmemórase o Día Mundial da Hemofilia. Este día ten como obxectivo aumentar o nivel de conciencia sobre a hemofilia e outros trastornos da  coagulación.

O lema deste ano da Federación Mundial de Hemofilia é “Acceso para todos: Asociación. Política. Progreso. Involucrar ao goberno, integrando os trastornos  hemorráxicos hereditarios na política nacional”.

Como participar e crear conciencia

Anímate e ponche unha peza vermella. Comparte a túa foto ou vídeo nas redes sociais co ‘ hashtag’ # DíaMundialHemofilia, # RetoPrendaRoja e menciónanos (@Agadhemo e a  @fedhemo)

Atrévete e ponte creativa! Comparte fotos de ilustracións, debuxos, mensaxes de ánimo e apoio á comunidade da hemofilia co # DíaMundialHemofilia # WHD2022 e  etiquétanos (@Agadhemo e a  @fedhemo) Estaremos atentas!

Comparte fotos de monumentos ou edificacións iluminadas de vermello usando as etiquetas # DíaMundialHemofilia, # WorldHemophiliaDay,# WHD2022 e # LightItUpRed.

Descarga o marco de Facebook do  DMH e móstralle ao mundo o teu apoio á comunidade.

Moitas grazas polo teu apoio!

Deixa unha resposta