04 de Decembro 2019

Festa de Nadal 2019

Como todos os anos dende a Asociación Galega de Hemofilia celebramos a Festa Infantil para todos os cativos e cativas da entidade. Esta actividade vai dirixida a aqueles nenos e nenas ata os 12 anos de idade pertencentes a Agadhemo e os seus irmáns e irmás.

A festa realizárase o sábado 14 de decembro de 17:30 a 20:00 no Gran Hotel Los Abetos. Rúa San Lázaro s/n 15820 Santiago de Compostela.

Teremos unha merenda para todos e todas as asistentes, de forma que, se algún ten algunha necesidade especial rogamos sexa comentado á hora de formalizar a inscrición.

Esperamos contar con vós e pediríamos, por favor, que confirmedes a vosa asistencia, antes do xoves 12 de decembro. Para realizar a inscrición, ou para calquera dúbida podédesnos chamar ao teléfono 986 281 960; ou no correo electrónico proxectos@hemofiliagalicia.com

Esperando que acudades, recibide unha forte aperta

cartelnadal2019

Deixa unha resposta