02 de Decembro 2016

Festa de Nadal 2016

Como todos os anos, a Asociación Galega de Hemofilia celebrará a Festa Infantil para todos os pequenos da entidade. Esta actividade vai dirixida a aqueles nenos e nenas ata os 12 anos de idade pertencentes a Agadhemo e os seus irmáns e irmás.

A festa celebrarase o día 17 de decembro de 17:30 a 20:00 no Gran Hotel Los Abetos. Rúa San Lázaro s/n 15820 Santiago de Compostela.

Teremos unha merenda para todos e todas as asistentes; se alguén ten algunha necesidade especial pode comentárnolo á hora de se anotar.

Esperamos contar con vos e vos pediría, por favor, que confirmedes a vosa asistencia antes do martes 15 de decembro. Para realizar a inscrición ou para calquer dúbida que teñades podedes chamarnos ao teléfono 986 281 960, ou no correo electrónico xestion@hemofiliagalicia.com

cartel-nadal-2016

Deixa unha resposta