13 de Novembro 2017

Hemoescola 2017

Convócase un ano máis a Hemoescola, unha xornada sobre autotratamento que estará dividida en dous talleres que se realizarán de forma simultánea:

  • Dunha banda, realizarase un taller exclusivo para nenos de 5 a 12 anos de idade, que estarán acompañados pola enfermeira e por persoal de Agadhemo.
  • Doutra banda, outro taller para os pais e nais dos nenos asistentes ao taller anteriormente mencionado e tamén para os pais e nais de nenos menores de 5 anos, e toda persoa adulta con hemofilia que precise afianzar os seus coñecementos sobre a autoinfusión. Este taller estará dirixido por unha enfermeira.

No taller para persoas adultas darase formación teórica y tamén práctica, abordando aspectos relacionados co autotratamento, o uso eficiente da medicación e as técnicas de autotratamento e coidado de veas.

DATA: Este taller terá lugar o vindeiro día 18 de novembro, en horario de mañá de 11:00 a 13:30 horas. Unha vez finalizada a reunión, xantaremos todos xuntos preto do lugar no cal vai levarse a cabo o taller.

LUGAR Terá lugar na Aula de COGAMI situada na Rúa Dublín nº3, Baixo (zona de Fontiñas), en Santiago de Compostela.

INSCRICIÓN Para formalizar a inscrición ao taller e/ou ante calquera dúbida que poida xurdir referente a este, podedes chamar ao teléfono 986 281 960, ou no correo electrónico xestión@hemofiliagalicia.com

NOTA INFORMATIVA: Os gastos do xantar corren a cargo da organización nun restaurante próximo.

Esperamos contar con vos, así como pregamos confirmedes asistencia, vía telefónica ou ben vía correo electrónico, antes do vindeiro martes 14 de novembro.

Publicación1

Deixa unha resposta