09 de Novembro 2016

II Xornadas para Portadoras de Hemofilia

Agadhemo organiza unha nova xornada para mulleres portadoras de hemofilia e/ou outras coagulopatías conxénitas. Esta actividade vai dirixida a socias da entidade preferentemente, e tamén a portadoras de hemofilia que non estean asociadas pero que queiran recibir información.

Ponencia central: “Diagnóstico Genético Preimplantacional en pacientes con hemofilia”  que será impartida polo Dr. Elkin Muñoz, director da clínica IVI Vigo, xinecólogo especialista en reproducción asistida.

FECHA: Este taller terá lugar o vindeiro día 26 de novembro, en horario de mañá de 11:30 a 14:00 horas. Unha vez rematada a reunión, terá lugar o xantar no mesmo lugar no cal se vai levar a cabo o taller.

LUGAR: Terá lugar no Hotel Los Galeones situado na R/ Avenida de Madrid 21, 36204 Vigo, Pontevedra

INSCRICIÓN: Para formalizar a inscrición ao taller e/ou ante calquera dúbida que poida xurdir referente a este, podedes chamar ao teléfono 986 281 960, ou no correo electrónico proxectos@hemofiliagalicia.com

NOTA INFORMATIVA: A actividade é gratuita para todas as asistentes.

portadoras2016

Deixa unha resposta