03 de Agosto 2019

Ruta de sendeirismo con Agadhemo

Informámosvos da nova actividade que se vai a levar a cabo dende a Asociación Galega de Hemofilia no vindeiro mes de setembro en Catoira (Pontevedra). Coa mesma preténdese fomentar a vida saudable no medio rural mediante a utilización do tempo de lecer das familias afectadas pola hemofilia e outras coagulopatías conxénitas. Este espazo créase coa intención de implicar ás familias de Agadhemo mediante a cohesión grupal e as experiencias de vida.

As familias interesadas deberán inscribirse no prazo dun mes, agradecendo que sexa no prazo máis breve posible.

Data límite de inscrición: 26 de agosto (prazas limitadas)

Cartel redes

Deixa unha resposta