Despois da suspensión da ruta de sendeirismo prevista para o pasado 14 de setembro, acordouse unha nova data para levar a cabo dita actividade. Será o vindeiro 28 de setembro ás 10:00 horas, en Catoira (Pontevedra). Lembramos aos participantes que deberán acudir ao punto de encontro e levar a súa comida (bocadillo) e bebida.
Características da ruta:
Traxecto: | Circular |
Lonxitude: | 10 km (aprox.) |
Tempo estimado: | 3 horas |
Dificultade: | Media – baixa |
Tipo de camiño: | Senda con superficie empedrada ou terra compacta. Camiño de terra e herba. Algún tramo de poboación. |
Indicacións: |
Levar auga, comida (bocadillo), protección solar e vestimenta e calzado adecuado. Interesante levar bastón para camiñar, prismáticos e roupa de baño. |
Servizos en Catoira: | Supermercado, cafetarías e restaurantes, áreas recreativas, praia |
Data: | 28 de setembro de 2019 |
Lugar de encontro: | Catoira |
Hora: | 10.00 |