FISIOTERAPIA
A inicios do ano 2020 asinamos un convenio con COGAMI mediante o cal as persoas socias de AGADHEMO poden recibir servizos de fisioterapia nas dependenzas de COGAMI en Santiago e Vigo. Así como coa asociación Vontade do baixo miño. As fisioterapeutas que traballan alí foron previamente formadas en hemofilia e coagulopatías.
Persoas beneficiarias
- Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
- Persoas asociadas a AGADHEMO.
Mais información: En Agadhemo: 986281960 ou info@hemofiliagalicia.com
APS_APOIO PSICOSOCIAL
Xerando novas sinerxias: a importancia do apoio psicosocial nas persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas.
O obxectivo xeral mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia ou outras coagulopatías conxénitas e das súas respectivas familias e/ou persoas coidadoras, abordando de maneira integral os efectos colaterais a nivel psicosocial derivados tras o diagnóstico e acrecentados coa chegada da pandemia xerada por covid-19.
O proxecto “Xerando novas Sinergías” require dun enfoque cualitativo á hora de abordar a súa metodoloxía, pois para alcanzar os obxectivos propostos, é necesario indagar nas distintas historias de vida das persoas.
Para ofrecer un servizo adaptado ás novas necesidades das persoas socias e desde unha perspectiva adaptada segundo perfís, as actividades previstas son as seguintes:
- Servizo De Atención, Orientación E Asesoramento. Atención Psicosocial Integral- Integrada
- Actividades Informativas-Formativas Teórico-Prácticas
- Curso xestión das emocións en tempos de pandemia
- Curso/taller ferramentas para fortalecer a nosa autoestima
- Curso hábitos de vida neurosaludables.
- Grupos De Axuda/Apoio Mutuo
Persoas beneficiarias
- Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
- Familas e persoas coidadoras.
- Persoas asociadas a AGADHEMO.
Mais información: En Agadhemo: 986281960 ou info@hemofiliagalicia.com
CAPACITHEMOS
AGADHEMO realiza o programa CAPACITHEMOS “Información e atención psicosocial e fisioterapéutica para persoas con hemofilia e outras coagulopatías conxénitas
Descrición do servizo
A Asociación Galega de Hemofilia ( Agadhemo) a través do Programa Capacithemos busca potenciar a capacitación individual, familiar e social das persoas con hemofilia e con outras coagulopatías conxénitas mediante apoio específico en diferentes áreas como ferramentas para a integración social. As actividades enmarcadas dentro do programa Capacithemos son varias e clasifícanse en base aos obxectivos propostos:
- Actividades de información e orientación.
- Actividades formativas e educativas.
- Actividades de atención psicosocial.
- Actividades de rehabilitación e estimulación.
Persoas beneficiarias
- Persoas diagnosticadas de hemofilia ou outra coagulopatía.
- Persoas asociadas a AGADHEMO.
Mais información: En Agadhemo: 986281960 ou info@hemofiliagalicia.com
SAIP
O Servizo de Atención e Información Permanente (SAIP) naceu no ano 2001. Estas actividades de asesoramento psicosocial e información aos socios foron tomando cada vez máis protagonismo ata ser as máis demandadas polos usuarios.
A metodoloxía de actuación baséase na atención individualizada ou grupal aos afectados a ás súas familias, mediante a prestación de servizos e accións encamiñadas a impulsar as condutas preventivas e a capacitación sociosanitaria. Como instrumentos de traballo utilízanse técnicas de contacto directo como a entrevista persoal ou grupal e a consulta, que permiten o intercambio directo de información, a comunicación bidireccional, a observación participativa e a recollida de datos. Entre a oferta de servizos especializados atópanse:
- Servizo de asesoramento legal
- Certificados de discapacidade
- Pensións de orfandade
- Reclamacións
- Lei de dependencia
- Consentimentos informados
- Grupos de Asesoramento Mutuo (GAM)
- Servizo de acompañamento
- Campaña de sensibilización e difusión
Atendhemos
Este servizo de atención a persoas con coagulopatías conxénitas na provincia de Lugo naceu no ano 2012 , e pretende prestar atención específica aos seus asociados da provincia de Lugo e, en especial das zonas rurais. A experiencia acumulada ao longo do tempo permítenos afirmar que os recursos que mellor funcionan son o asesoramento individualizado e o traballo en pequenos grupos. Neles a persoa síntese acompañada, escoitada nas súas demandas e socializa os seus problemas e dificultades, non moi afastadas da persoa que ten ao seu carón.
Saluditinere
Servizo de dispensación de medicamentos a domicilio para persoas con hemofilia. O proxecto SaludItinere pretende mellorar a calidade de vida das persoas con hemofilia facilitando o acceso á medicación. Os seus obxectivos básicos son: o coñecemento da propia enfermidade, fomentando a adherencia ao tratamento; a obtención da máxima efectividade dos tratamentos farmacolóxicos; e a racionalización no uso de medicamentos como principal ferramenta terapéutica. A metodoloxía do Servizo implica un compromiso, e debe proverse de forma continuada, sistematizada e documentada, en colaboración co propio usuario e cos demais profesionais do sistema público de saúde. Ao mesmo tempo, SaludItinere está pensado para realizar funcións de intermediación entre os servizos farmacéuticos hospitalarios e os pacientes con hemofilia.
Piso Fogar
O piso fogar dá servizo aos socios/as e ás súas familias cando necesitan de hospitalización no Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) para algunha intervención (trasplante hepático, próteses, etc.), ou calquera outra asistencia sanitaria.
Dende o ano 2018 Agadhemo ten un convenio de colaboración coa Asociación de Fibrose Quística de Galicia ( FQG) para que as súas persoas asociadas, moitas delas pendentes de transplante no CHUAC, puidesen aloxar alí. Posteriormente en 2019 se asinou outro convenio coa Asociación de Persoas Afectadas por Silicose ( OSILICE) para o mesmo fin.
Está situado na rúa Curros Enríquez en Cambre (A Coruña) e atópase totalmente equipado.