24 de Outubro 2017

Taller de apoio psicolóxico para mulleres portadoras e/ou con outras coagulopatías

Celebramos un taller para mulleres portadoras de hemofilia e/ou con outras coagulopatías conxénitas. Esta actividade vai dirixida a socias da entidade, e tamén a portadoras de hemofilia que non estean asociadas pero que queiran recibir información.

Esta xornada terá unha perspectiva diferente ás doutros anos que pensamos será moi enriquecedora para todas. Nesta ocasión contamos coa participación de María García-Dasí (Psicóloga da Unidade de Hemofilia do Hospital La Fe) e Ana Torres Ortuño (Psicóloga na Asociación de Hemofilia de Murcia).

DATA: Esta xornada terá lugar o vindeiro día 4 de novembro, en horario de mañá de 11:30 a 14:00 horas.

LUGAR: Terá lugar no Hotel Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703 Santiago de Compostela)

INSCRICIÓN: Para formalizar a inscrición no taller e/ou ante calquera dúbida que poida xurdir referente a este, podedes chamarnos ao teléfono 986 281 960, ou no correo electrónico proxectos@hemofiliagalicia.com

NOTA INFORMATIVA: A actividade é gratuita para todas as asistentes.

Deixa unha resposta