19 de Maio 2016

XXIII Asamblea Autonómica de la Asociación Galega de Hemofilia

A Asociación Galega de Hemofilia (Agadhemo) celebrou en Pontevedra  a súa XXIII Asemblea Xeral e a Asemblea Extraordinaria de Socios/as, nas que participaron máis de 150 persoas con hemofilia e/ou con algunha outra coagulopatía conxénita. Ademais de repasar a xestión e resultados xerais da Asociación no ano 2015, a Asemblea elixiu á súa nova Xunta Directiva, tras finalizar o mandato de catro anos da anterior. Laura Quintas Lorenzo (Ourense, 1981)  foi elexida presidenta de Agadhemo, asociación á que pertence desde que tiña 2 anos e na que leva desenvolvidos varios cargos directivos desde 2004. A nova Xunta Directiva contará tamén con Susana García Martínez (Vicepresidenta), María Isabel Valiela (Secretaria), Ricardo García Carrión (Vicesecretario), Celso Alvarez Pérez (Tesoureiro), e Iria Rico e Brais Carreira, como vogais.

Tras ser elexida, Quintas destacou na súa intervención a boa saúde da Asociación, 35 anos despois da súa creación, e reivindicou ante as autoridades unha mellor asistencia sanitaria para as persoas con hemofilia, un espazo sociosanitario para estes pacientes, máis formación e información sobre as innovacións terapéuticas e un maior apoio ás persoas con coagulopatías conxénitas. A nova presidenta de Agadhemo destacou, por outra banda, o éxito obtido no último ano cos novos tratamentos para a hepatite C, ao tempo que amosou a súa preocupación polas xubilacións do persoal sanitario especializado nesta patoloxía.

No acto de clausura da XXIII Asemblea Xeral participaron tamén representantes do Concello de Pontevedra, así como a responsable de Servizos Sociais da Deputación de Pontevedra, Digna Rivas; a xefa territorial de Sanidade en Pontevedra, Angeles Feijóo Montenegro, e o presidente da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), Anxo Queiruga.

Deixa unha resposta